Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Cangas perde nun último minuto cruel contra o Ademar León (21-22)

O Cangas perde nun último minuto cruel contra o Ademar León (21-22)

Jorge Pérez estivo outra vez espectacular con 16 paradas, pero Saeid tamén axudou o seu equipo con 14

Unha última parada do iraniano decidiu o choque

G24.gal 02/11/2024 20:17

O balonmán Cangas tivo na man a vitoria diante do Ademar ou, cando menos, o empate. Pero non tivo fortuna no último minuto, e acabou sumando unha derrota pola mínima que o mantén con cinco puntos na táboa.

O encontro do Gatañal foi un partido atípico, con series goleadoras por parte dos dous equipos e alternancias no marcador. A un inicio de 2-0 responderon os leoneses con tres goles consecutivos. A partir de aí, igualdade ata o 5-5, e despois fuxiron os leoneses de 3 goles, renda que mantiveron ata o descanso.

A volta de pausa, o Cangas volveu empatar a 12 e tamén a 15, adquirindo unha renda de 2 goles mediada a continuación que non puideron manter.

Entrou o partido na fase decisiva e emerxeu a figura de Jorge Pérez, cun total de dezaseis paradas, once durante o segundo tempo. O porteiro mantivo aos seus con opcións ata o empate a 21. Pero, no último minuto, saíu cruz. Marcou Rodrigo Pérez Arce o 21 a 22 e, na última acción, o porteiro do Ademar Saeid fixo a súa 14ª parada do partido, diante de Santi López nos seis metros, para mandar a vitoria para terras leonesas.

No apartado goleador, Martín Gayo encabezou aos cangueses con 5 tantos, mentres que Carlos Álvarez achegaba seis para os visitantes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos