Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Cangas pecha a tempada festexando a permanencia

O Cangas pecha a tempada festexando a permanencia

O Frigoríficos do Morrazo despide a Moisés Simés con celebración

G24.gal 08/06/2024 21:56

O Frigoríficos do Morrazo púxolle o ramo a unha meritoria temporada, especialmente na segunda volta, rubricando a permanencia na Liga Asobal.

Os de Nacho Moyano venceron no play out ao San Pablo Burgos, nunha eliminatoria que traían cunha vantaxe de doce goles da ida. Iso si, non puideron facelo con outra vitoria. Logo de ir dominando ata a metade da segunda metade, un parcial de 0-6 e o intercambio de goles posterior deulle o triunfo aos burgaleses por 37 a 38. Non importou, porque o Gatañal festexaba xa a salvación no día da despedida de Moisés Simes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos