Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Cangas non pode cun Granollers imbatible

O Cangas non pode cun Granollers imbatible

Foto: Xavier Solanas
G24.gal 26/11/2022 12:42

O Frigoríficos do Morrazo perdeu na súa visita ao Granollers. O conxunto local está nun gran momento e conseguiu a súa sexta vitoria consecutiva. Foi moi superior no primeiro tempo, con varios dos seus efectivos moi acertados en ataque, como Pol Valera ou Esteban Salinas.

No descanso o marcador reflectía un contundente 19 a 8 que parecía deixar nun trámite a segunda metade. Pero o Cangas non se rendeu, mellorou en ataque e logrou situarse a só catro goles do seu rival. A efectividade de Manuel Pérez ou Fedorean levou certa inquedanza a un Granollers que acabou por facer boa a renda conseguida no primeiro tempo. 36 a 31 foi o resultado final.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar