Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Cangas encamiña a permanencia na Asobal cun triunfo en Málaga

O Cangas encamiña a permanencia na Asobal cun triunfo en Málaga

Gañou por catro goles de diferenza (20-24) e terá que manexar esa diferenza no Gatañal o vindeiro domingo (12:00, G2 e G24)

G24.gal 07/06/2023 21:28

O Cangas Frigoríficos do Morrazo encamiñou a permanencia na Liga Asobal cun triunfo por 20-24 na pista do Trops Málaga no partido de ida da fase de ascenso/permanencia. Agora terá que manexar esa vantaxe no partido de volta que se xogará este domingo (12:00 horas, G2 e G24) no Gatañal. 

O 3-2 do principio foi o único momento en que o Cangas estivo por debaixo no marcador. Os de Moyano fixeron un partido moi serio e foron impoñendo a súa superioridade física e técnica. Tres goles de Dorado poñían o 5-7 e a diferenza foise ata os cinco goles antes do descanso (7-12). No intermedio, o marcador era de 10-14. 

Ao inicio da segunda parte, o Cangas apañou unha máxima vantaxe de seis goles (12-18), pero o equipo local reaccionou ata poñerse a tres (16-19). Neses momentos de presión os galegos xogaron con veteranía e sempre mantiveron esa marxe de seguridade, que chegaron a aumentar ata os cinco goles (18-23). Ao final son catro arriba nun paso fundamental para seguir na elite do balonmán español. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar