Publicador de contidos

Publicador de contidos

Parreño quere consolidarse na porta do Deportivo malia a chegada de Bachmann

Parreño quere consolidarse na porta do Deportivo malia a chegada de Bachmann

Foi titular nas tres primeiras xornadas ligueiras desta tempada 2025-26

Foto Deportivo
G24.gal 04/09/2025 15:30 Última actualización 04/09/2025 15:36

Germán Parreño fíxose coa titularidade na portería do Deportivo nas tres primeiras xornadas ligueiras desta tempada 2025-26 que acaba de iniciarse, pero non saca peito sobre iso. O gardameta viviu unha situación similar a pasada campaña, ata que na terceira xornada Helton Leite fíxose cun posto que practicamente non soltou ata final de campaña.

De momento, a pesar da chegada de Daniel Bachmann, segue no once pero el, máis que reivindicarse, apela ao traballo diario.

"Creo que cada ano é distinto, cada semana é distinta. O traballo que vaia dar e achegar, o meu gran de area, eu vouno facer". Precisamente, sobre o porteiro austríaco tamén tivo boas palabras.

"Con el moi ben. Co idioma custa un pouco pero imos adaptando. É moi traballador e bo compañeiro".

Remarcou a importancia de pensar xa no Spórting de Xixón, rival que chega este sábado a Riazor, cun exbranco e azul, Pablo Vázquez, agora nas súas filas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade