Cargando resultados...
Aprazado o partido do domingo do Rácing ante o Real Madrid Castela
A RFEF acepta a petición do cadro madrileño, quen alegou na súa petición carecer de efectivos suficientes

G24.gal
04/09/2025 13:40
Última actualización 04/09/2025 13:45
O Comité de Competición da Real Federación Española de Fútbol decidiu aprazar o partido que o Rácing debería disputar o domingo no estadio Alfredo Di Stéfano ante o Real Madrid Castela.
O ente federativo acepta así a petición cursada polo cadro madrileño, que alegou dispoñer tan só de oito xogadores de campo para afrontar o choque, debido á convocatoria internacional de nove dos seus futbolistas e a lesión doutros tres.
A RFEF fixou un prazo de dous días para que o Rácing como o Real Madrid Castela propoñan unha nova data para a disputa do encontro.