Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Cangas asinaría repetir os éxitos da temporada pasada

O Cangas asinaría repetir os éxitos da temporada pasada

O orzamento para esta temporada sobe ata o medio millón de euros

Juan del Arco, Fodorean e Dorado son as tres novas fichaxes

G24.gal 06/08/2022 11:34

Juan del Arco, Mario Dorado e Fodorean son as tres caras novas do Frigoríficos do Morrazo. Levan dez días adaptándose a Cangas e ao seu novo club. 

A temporada pasada o Cangas foi semifinalista da Copa. O equipo revelación durante a primeira volta do campionato. Nacho Moyano repite como adestrador: "Xa o asinariamos para esta campaña. Pero non temos que poñernos obxectivos a longo prazo. O ano pasado quedou demostrado que podemos competir con calquera".

É o club récord do balonmán galego. 23 temporadas na Asobal, as últimas 11 de xeito consecutivo. Para esta temporada aumenta o orzamento que se irá ata o medio millón de euros. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar