Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Camiño de Santiago visto dende a perspectiva do peregrino, por María Loureiro

O Camiño de Santiago visto dende a perspectiva do peregrino, por María Loureiro

G24.gal 08/02/2023 10:48

O último Ano Santo 2023 trouxo máis peregrinos ca nunca a Santiago de Compostela. En total, máis de 438.000 persoas solicitaron a compostela, aínda que hai que recoñecer que o número exacto de peregrinos é moito maior, se consideramos que hai unha porcentaxe relevante que non solicita a Compostela, aínda que peregrine por motivos relixiosos.

Preguntarémonos os motivos de por que percorren o Camiño de Santiago estas persoas. As razóns detrás das peregrinacións son moitas, pero maioritariamente podemos dicir que, de acordo cun estudo recentemente presentado por un equipo da Universidade de Santiago de Compostela, máis do 67 % faino por motivos espirituais, que poden ser ou non relixiosos; é dicir, desexan buscar resposta a preguntas existenciais, saír da súa de confort e gozar da liberdade.

Outra porcentaxe ampla faino por motivos culturais (47 %), por coñecer outras culturas, linguas, gastronomía e xentes, outros por motivos puramente relixiosos (27 %), e finalmente, outros por motivos puramente de descanso e relaxación (44 %).

En fin, é un destino que aglutina múltiples e diversos participantes, podíamos dicir que é un destino moi inclusivo, que ofrece grandes posibilidades de desenvolvemento persoal, aprendizaxe cultural, exercicio físico e relaxación. 

O Camiño produce beneficios tanxible e intanxibles. Para máis de 9 de cada 10 facer o Camiño foi moi unha experiencia moi positiva, e grande parte das persoas que o fan recoñecen retornar con enerxías renovadas e unha nova perspectiva. Para unha cuarta parte delas, o Camiño é unha experiencia puramente transformadora, e recoñecen que nunca volverán a ser os mesmos. 

Segundo os datos da Oficina do Peregrino, o Camiño máis percorrido é o Camiño Francés seguido do Camiño Portugués.

A maiores, en termos de impacto económico, e considerando que a maioría fai o camiño a pé, podemos dicir que todas as persoas que fan o Camiño Francés precisan en torno a 30 días para remátalo; sendo esta é unha das estadías máis longas que se rexistra hoxe en día, dentro dos distintos destinos turísticos, na Península Ibérica.

Por outra banda, o gasto medio diario aínda que está relacionado co estilo de vida que desexan levar a cabo no Camiño, está por riba dos 60 euros (tramo 50-69 euros), incluso para aqueles que fan o Camiño por motivos puramente relixiosos e espirituais; e que buscan albergues e hostais económicos, replicando unha forma de vivir máis austera e menos materialista.

O relevante tamén é o tipo de consumo que levan a cabo, sendo moi local e de proximidade, á vez que tamén revitalizan zonas rurais ou pouco poboadas. Todos estes aspectos fan que non só sexa rendible economicamente o Camiño, senón que tamén ten uns impactos económicos desexables.

Pero loxicamente debemos coidar da “galiña dos ovos de ouro”. Os propios peregrinos que fan o Camiño por fins espirituais ou relixiosos, tratan de desestacionalizar a súa viaxe e tratan de evitar os picos de visitantes máis altos, é dicir, o verán e as vacacións de Semana Santa. Así tamén consideran que nas últimas etapas do Camiño, en certos meses do Ano, existe certa masificación, que non facilita a experiencia en si.

Como seguir facendo sostible o Camiño? Noutras cidades con grandes peregrinacións, adoptáronse cotas, loterías e outros sistemas de entrada, para asegurar que non se superan determinados límites, e o destino segue a ser seguro e agradable aos visitantes. Garantir unha oferta adecuada, sen sobremasificar parece ser a clave do éxito, pois o que está claro, é que sempre haberá persoas dispostas a seguir buscando e rebuscando respostas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade