Cargando resultados...
O Camiño viu pasar máis peregrinos esta fin de semana ca en todo abril do ano pasado
A Xunta é optimista en canto as cifras de afluencia á Ruta Xacobea para este ano
A afluencia de peregrinos está a superar de xeito notable a do pasado ano
G24.gal
04/04/2022 14:57
O Camiño de Santiago bate marcas e nesta fin de semana chegaron a Galicia máis peregrinos ca en todo abril do ano pasado. O vicepresidente da Xunta di que estes datos son o froito da confianza en Galicia como destino seguro.
Rueda loou o labor dos responsables dos albergues, lembrou que o Goberno galego impulsa axudas por valor de seis millóns de euros para mellorar establecementos no Camiño e amosouse optimista en canto á afluencia de peregrinos.