Publicador de contidos

Publicador de contidos

O cambio horario pode provocar alteracións na rutina do sono

O cambio horario pode provocar alteracións na rutina do sono

Coma cada vez que cambia a hora, o noso organismo tardará uns días en asimilalo

A dificultade para conciliar o sono provoca fatiga e dificultade de concentración

Os expertos aconsellan respectar as rutinas para adaptarnos canto antes

G24.gal 29/03/2025 14:13

Co cambio ao horario de verán, perdemos unha hora a primeira noite. Atrásase o amencer e tamén a posta do sol, e iso pode alterar os nosos hábitos de sono.

Padéceno, sobre todo, os colectivos máis vulnerables, nenos e maiores, e pode derivar nun menor rendemento por cansanzo e dificultade de concentración. Tamén nos traballos, pero só durante os primeiros días, ata que nos adaptamos á nova rutina.

"Coma se fose un jet lag, cando facemos un cambio de horario de aquí a outro país, que temos que adaptarnos paulatinamente e normalizalo", explica o psicólogo José Manuel Fariñas.

A nivel anímico, tamén provocar irritabilidade, ansiedade e mesmo agudizar os síntomas depresivos. Por iso, os psicólogos recomendan vixiar as rutinas do sono.

"Ter unha rutina de sono e vixilia. Expoñernos á luz paulatinamente porque nos vai dar estabilidade. Tamén é importante non someterse a ningún estimulante polas noites, nin café nin pantallas", aconsella Fariñas.

Os efectos adoitan durar menos dunha semana, pero en nenos e maiores poden alongarse máis.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade