Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Burela métese en semifinais camiño da súa quinta copa, e o Marín cae eliminado

O Burela métese en semifinais camiño da súa quinta copa, e o Marín cae eliminado

Derrotou por 4-2 o Móstoles e xogará a semifinal ante o Alcorcón

O Marín perdeu co Roldán por 1-2

Foto Burela FS
G24.gal 28/04/2023 16:09 Última actualización 28/04/2023 17:50

O Móstoles e o Burela xa protagonizaran a pasada fin de semana un dos duelos máis interesantes da máxima división do fútbol sala nacional e este venres, nos cuartos de final da Copa da Raíña, volveu ver un brillante encontro, saldado con vitoria das mariñás, por 4-2, que avanzan así no seu camiño cara ao que sería o seu quinto título consecutivo. Nas semifinais verase co Alcorcón, que superou o Gran Canaria.

Máxima dificultade tamén para as guerreiras, pois o Alcorcón só perdeu un partido dos últimos 15 disputados. Do partido deste venres quedarán para a estatística os dous tantos conseguidos por Dany, que se converteu así na máxima goleadora da Copa da Raíña, con 24 tantos.

O Marín, eliminado

Pola súa parte o Marín non seguiu o mesmo camiño que o Burela e caeu eliminado tras perder por 1-2 co Roldán malia adiantarse cun gol da súa porteira Silvia Aguete.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade