O Bribón proclámase campión do mundo de 6m por cuarta vez
A embarcación patroneada polo Rei Xoán Carlos, cos galegos Pedro Campos, Alberto Viejo, Río Álvarez e David Louzao alzouse co seu cuarto mundial en Nova York
O Titia, tamén con grímpola de Sanxenxo, proclamouse subcampión mundial
O Bribón proclamouse campión do mundo na clase 6 metros. Cuarto título en nove anos para a embarcación do Real Club Naútico de Sanxenxo. Co rei Xoán Carlos de patrón e catro galegos na tripulación, Pedro Campos, Alberto Viejo, Río Álvarez e David Louzao, o Bribón segue aumentando o seu palmarés. O Bribón acumula os títulos en Vancouver (2017), Hanko (2019), Cowes (2023) e agora en Oyster Bay, Nova York.
No mundial disputado en augas de Nova York, o subcampionato alcanzouno outro barco de Sanxenxo. O Titia, armado por Mauricio Sánchez-Bella e Alicia Freire, que ademais acadou o trofeo Lucie, sumou 13 puntos, 3 máis co Bribón, e rematou segundo.