O breoganista Ethan Happ é o primeiro MVP dos equipos galegos esta temporada
Logrou, 21 puntos, 19 rebotes, 2 asistencias e 37 de valoración
Ethan Happ é o MVP da última xornada da ACB. O breoganista logrou, 21 puntos, 19 rebotes, 2 asistencias. e 37 de valoración. É o primeiro MVP dos equipos galegos esta temporada.
Se lembramos a campaña pasada, Musa foi co Breogán 5 veces MVP, inesquecible aquel 47 de valoración ante o Valencia, récord da liga regular.
Mais non só era cousa de Musa. Birutis foi o mellor da xornada en tres partidos. Rematou a primeira volta con ese premio individual de Ethan Happ pero sen o billete da Copa para un equipo galego.
"Non sucedeu, así que nos centramos en que en Granada inicia a segunda volta e estamos entusiasmados con iso. Non estamos exactamente onde queremos estar. Sentimos que temos máis que demostrar e que mellorar. Personalmente vou partido a partido tratando de axudar aos meus compañeiros e eles a min, e ogallá que logremos máis vitorias".
Lembra a ACB que dende o 2011 non se vía unha actuación tan completa, dende aquel 21 puntos e 22 rebotes de Paul Davis nun Cajasol-Manresa. E lembramos que o récord de rebotes nun partido do Río Breogán teno aquel dorsal 8, Calvin Roberts, con 23 en 1989.