O Breogán ten a oportunidade de resarcirse ante o Bilbao da desfeita co Gran Canaria
O Surne Bilbao Basket chegará coa baixa de Nikola Radicevic e a dúbida de Emir Sulejmanovic
O Breogán ten a oportunidade de resarcirse. De resarcirse da desfeita co Gran Canaria. Este sábado chega Bilbao ao Pazo. Coa afección ao seu carón, o equipo de Mrsic tratará de ofrecer outra imaxe.
"Estamos 2-2. Se alguén nos habla deste inicio de temporada, asinariamos cos ollos pechados"
O Surne Bilbao Basket chegará coa baixa de Nikola Radicevic, a dúbida de Emir Sulejmanovic e o uruguaio Agustín Ubal xa coa alta médica e en disposición de debutar co equipo vasco.
Así o anunciou o técnico dos 'homes de negro', Jaume Ponsarnau, na conferencia de prensa previa ao partido, na que confirmou que Radicevic "a día de hoxe está descartado" por mor do edema óseo que sufriu o pasado sábado en Granada.
Sobre o seu rival, o técnico de Tárrega subliñou que o que máis lle preocupa do Breogán é que "é o mellor equipo da liga no rebote" e conta nas súas filas co mellor reboteador en ataque do campionato, o pivote estadounidense Ethan Happ.