Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Breogán segue a triunfar na pista dos rivais directos (88-90)

O Breogán segue a triunfar na pista dos rivais directos (88-90)

Gañou na prórroga en Zaragoza e mantén as opcións copeiras

G24.gal 04/01/2023 21:19

O Breogán mantén as opcións de meterse na Copa do Rei logo de sumar a sétima vitoria da temporada na pista de Zaragoza. Segue o idilio do cadro galego contra os rivais directos pola permanencia cando xoga como visitante porque, ata o de agora, impúxose en todos os duelos. 

Bo primeiro cuarto dos de Mrsic grazas ao acerto de Nakic e Momirov. Despois dun inicio igualado remataron cinco arriba (20-25). A dinámica era a mesma no segundo ata o 30-34. Unha parada na anotación de case catro minutos unida ao acerto de Santi Yusta deulle ao Zaragoza a primeira vantaxe no partido (39-34). Sorte que reaccionou o equipo lucense para igualar no descanso (43-43).

O terceiro cuarto empezou do peor xeito (7-0) pero remendouno Happ. O pivote breoganista dominou a zona e, con 8 puntos, devolveu a vantaxe ao Breogán que gozou de ata catro puntos de marxe (58-62). 

Volvía a dominar o partido o Breo (66-72) no último cuarto pero cinco minutos fatídicos déronlle a volta ao resultado. Zaragoza fixo un parcial de 11-0 que deixaba o partido moi costa arriba (77-72). Nese momento crítico apareceron Momirov e Happ para anotar e Hollatz, a nove segundos do final, levou o partido á prórroga (79-79). 

No tempo suplementario o conxunto azulón xogou cos nervios dun rival con presión no aspecto clasificatorio e, levado a lombos de Happ (dúas canastras decisivas) acabou gañando por 88-90.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar