O Breogán quere poñer a proba a fiabilidade do Gran Canaria
O Breogán recibe no Pazo o Dreamland Gran Canaria
Os lucenses buscan a segunda vitoria consecutiva
O Breogán recibe no Pazo ao Dreamland Gran Canaria nunha nova xornada da Liga Endesa este sábado ás 19h. Logo do pasado triunfo ante o Covirán Granada, os lucenses agardan sumar a súa segunda vitoria consecutiva e confirmar o ascenso no seu xogo.
Os canarios son sempre habituais da zona alta da táboa e Luis Casimiro, técnico breoganista, non se fía das últimas derrotas do equipo que dirixe Jaka Lakovic.
"Gran Canaria é un equipo chamado a xogar o playoff e vai vir coas alarmas encendidas. Con esa mellor versión temos que estar preparados para xogar o noso mellor baloncesto e facer as cousas ben".
Ambos equipos enfrontáronse en pretemporada no torneo As Burgas Basket Cup, cunha vitoria insular moi axustada (90-93).