Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Breogán incorpora o xogador serbio Aleksandar Aranitovic

O Breogán incorpora o xogador serbio Aleksandar Aranitovic

É un xogador serbio de 26 anos e 1,95 m que pode xogar indistintamente de escolta e aleiro e procede do Cibona de Zagreb

G24.gal 17/06/2024 14:08 Última actualización 17/06/2024 14:11

O Río Breogán chegou a un acordo para incorporar ao xogador serbio Aleksandar Aranitovic

Formado no Estrella Roja de Belgrado, tivo experiencias profesionais en Partizan, en Francia, Holanda e Lituania onde xogou en Altyus Dzukija antes de chegar a Cibona onde participou en liga croata e Liga Adriática, na que destacou especialmente a pasada tempada sendo o quinto máximo anotador, mediando 15,6 puntos, 4,5 rebotes, 2,7 asistencias e 1,3 recuperacións por partido.

Internacional en todas as categorías de formación con Serbia, Aranitovic é un xogador con bo físico e de gran talento ofensivo, bo tirador e pasador e con boa capacidade de rebote.

Chega ao Río Breogán un xogador que axuda ademais en tarefas defensivas sendo o quinto en recuperacións na pasada liga adriática.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade