O Breogán comeza a Liga ACB con derrota en Lleida (87-68)
Os de Luis Casimiro foron superados en todos os parciais e perderon con contundencia
O Breogán estrelou en Lleida o seu novo vehículo para a Liga ACB nun partido no que nunca tivo opcións e no que o rival o superou en tódalas facetas do xogo, incluso nas intanxibles.
Os lucenses foron contra a corrente desde o principio no que o conxunto catalán chegou tomar once puntos de vantaxe antes do remate do primeiro cuarto, malia os intentos de Dibba por atrasar o inevitable.
As cousas tampouco melloraron no segundo, onde os ilerdenses castigaron a canastra bregoanista e taponaron calquera vía de penetración dos de Casimiro, excepto este mate de Brankovic.
O Breogán afrontou o terceiro cuarto con quince puntos de desvantaxe, unha diferenza que seguiu medrando grazas a maior intensidade e acerto do Lleida en contraste co 29 por cento dos celestes nos lanzamentos de dous e do 33 por cento nas triplas que se reflectían no 64-46 o remate deste período.
Pero como di a Ley de Pudder, todo o que empeza mal remata peor, iso foi o que pasou en Barris Nord, malia os esforzos de Francis Alonso por cortar a hemorraxia e situar a catorce o seu equipo.
A reacción dos galegos resultou un espellismo e o Lleida volveu reaccionar escapando ata os dezanove puntos cos que rematou o encontro. Unha diferenza considerable entre dous equipos con obxectivos semellantes.