Publicador de contidos
Publicador de contidos

O branqueo de cartos do narcotráfico evoluciona en paralelo ao aumento deste comercio ilícito e dos beneficios

O branqueo de cartos do narcotráfico evoluciona en paralelo ao aumento deste comercio ilícito e dos beneficios

Na última operación importante contra o narcotráfico en Galicia confiscáronse bens por valor de 10 millóns de euros

O xefe do servizo de Vixilancia Aduaneira en Galicia lamenta que pasa demasiado tempo entre unha operación policial e a sentenza xuducial que permite expropiar os bens dos traficantes

G24.gal 18/05/2024 13:24

Das últimas operacións contra o tráfico de drogas en Galicia, chamou a atención a denominada Halia, pola gran cantidade de diñeiro en efectivo que se comisou: máis de tres millóns de euros en billetes. Os axentes que investigan o narcotráfico considérano un reflexo da situación actual: hai un excedente de droga e de beneficios.
 

"Os esforzos que se están facendo desde a Axencia Tributaria que dificulta dispoñer libremente deste diñeiro pode ser un dos motivos polo que as organizacións criminais están volvendo a esconder en zulos ese diñeiro como facían antes".

Na mesma operación Halia embargaron 26 inmobles, embarcacións, parques de cultivo de marisco, estancos e 44 contas correntes. 

 

"Antes, gran parte dese diñeiro o invertían en bens suntuarios, casas, coches, empresas inmobiliarias. Hoxe hai un compoñente internacional, déixanse asesorar por expertos financeiros para mover os cartos en empresas fóra de España e logo traer ese diñeiro aquí".
 

O obxectivo final é expropiar efectivamente eses bens dos narcotraficantes, aínda que o xefe da Axencia Tributaria en Galicia recoñece que pasan demasiados anos desde que se produce o operativo policial ata que se executa a sentenza xudicial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade