Cargando resultados...
O Bosque máxico das fadas e os trasnos
Unha carballeira en Bonxe recrea espazos oníricos para axudar a imaxinar
G24.gal
25/05/2025 14:42
Unha carballeira en Bonxe, no concello lugués de Outeiro de Rei, recrea un espazo que ben podería ser o lugar onde habitan fadas e trasnos do bosque, con numerosas esculturas en madeira feitas a partir de madeira procedente de árbores caídos que axudan a que este espazo se cubra de maxia.
Este bosque de seres máxicos e encantados está aberto ao público as fins de semana e os festivos, porque é unha iniciativa privada. Aínda así converteuse nun reclamo para visitantes de todo Galicia, especialmente para familias con nenos.
O bosque ten máis dunha hectarea e está chea de figuras e esculturas de todo tipo realizadas por artesáns e todas son de madeira.