Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Bono Comercio da Xunta esgótase en cinco días

O Bono Comercio da Xunta esgótase en cinco días

Nese tempo investíronse máis de dous millóns de euros en axudas

G24.gal 02/05/2024 16:18

Os bonos comercio da Xunta están xa esgotados. Puxéronse en marcha o venres e en tan só cinco días, un deles domingo, consumiuse o orzamento.

As vendas dispáraronse en todos os sectores aínda que o notaron especialmente nos establecementos de roupa e calzado, onde o mal tempo paralizada as compras.

Segundo a Xunta, en tan só cinco días mobilizáronse 12 millóns de euros en vendas nos máis de 6.800 establecementos que participaron nesta edición do bono.

Desestacionalizar as vendas e impulsar a actividade no comercio local é o obxectivo desta campaña que conseguiu mobilizar xa nas edicións anteriores máis de 65 millóns de euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos