Cargando resultados...
O BNG reclama que se destine o 2,5 % do PIB á ciencia e á investigación
Ana Pontón visita as obras que albergarán a futura cidade das TIC da Coruña
Pontón puxo a Cidade das TIC como exemplo de cooperación entre Universidade e sector público
G24.gal
19/12/2022 12:49
Galicia debe facer unha aposta estratéxica pola ciencia e a innovación. Así o salientou a voceira nacional do BNG, Ana Pontón, durante a visita ás obras que albergarán a futura cidade das TIC, na antiga fábrica de Armas da Coruña. Reclamou que se destine o 2,5 % do PIB galego a este ámbito.
Pontón defendeu tamén a creación dun consorcio galego pola dixitalización e anunciou que van levar ao Parlamento unha lei para que se cree o Innogal, un instituto galego que promova e coordine o I+D+i en Galicia. Asegurou que é fundamental ter ferramentas para captar talento, evitar que marche fóra, favorecer a implantación empresarial e a competitividade.