Cargando resultados...
O BNG demanda unha mellora nos trens de proximidade
Ana Pontón realiza o traxecto entre Ferrol e A Coruña para denunciar as insuficiencias nestas liñas
G24.gal
17/01/2022 17:35
O BNG demanda un tren de proximidade propio do século XXI. Ana Pontón quixo realizar o traxecto entre Ferrol e A Coruña para denunciar as insuficiencias neste tipo de liñas.
"É doado comprobar que facer o traxecto entre Ferrol e A Coruña como medio de transporte habitual é misión imposible polas frecuencias, pola duración e polo custo do billete porque non son precisamente baratos", explicou Ana Pontón.