Publicador de contidos
Publicador de contidos

Chega un Black Friday con menos gasto

Chega un Black Friday con menos gasto

Estímase que se van gastar de media uns 70 euros menos por persoa con respecto ao ano pasado

G24.gal 25/11/2022 15:02 Última actualización 25/11/2022 21:18

Bolsas, paquetes, entradas e saídas das tendas. Este Black Friday coincide cunha tregua na chuvia e nótase na rúa. Hai máis movemento de xente que de cartos. Este ano estímase que de media gastaremos uns 70 euros menos que ano pasado no Black Friday. 

O máis demandado produtos de electrónica e do téxtil.

O ano pasado o gasto medio foi de 270 euros. Desta volta, segundo algunhas estimacións, pode non chegar aos 200.

Moitos pequenos comercios rexeitan este tipo de descontos e aseguran que axustan todo o ano os seus prezos. O mesmo sucede cos alimentos, por exemplo Fresco y del Mar pechou hoxe a súa web como protesta. Os consumidores apostan por revisar os descontos.

Esta xornada nótase tamén na repartición das compras en liña, que aumenta un 40%, aínda será un 5% menos ca o ano pasado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade