Publicador de contidos

Publicador de contidos

O bitcoin cae por baixo dos 26.000 euros por primeira vez en 16 meses

O bitcoin cae por baixo dos 26.000 euros por primeira vez en 16 meses

As fortes caídas rexistradas nos últimos días polas criptomoedas nos mercados internacionais espertan dúbidas sobre o futuro das divisas dixitais

G24.gal 13/05/2022 08:08

As fortes caídas rexistradas nos últimos días polas criptomoedas nos mercados internacionais espertan dúbidas sobre o futuro das divisas dixitais.

En conxunto, o mercado das criptomoedas perdeu máis de 200.000 millóns de dólares nun só día, e a máis coñecida, o bitcoin, caeu por baixo dos 26.000 euros por primeira vez en 16 meses, despois de acumular un 20 por cento de perdas en cinco xornadas.

Os investidores están retirándose destes valores, que se viron prexudicados pola inflación, a suba dos tipos de xuro e a revisión á baixa das proxeccións económicas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos