O Betis taxa o dianteiro galego Borja Iglesias en 40 millóns de euros
Pellegrini rexeitou referirse ao caso na previa do Betis-Athlétic ao interese amosado polo Atlético de Madrid
A Liga retomase mañá con tres partidos, o Xirona-Raio, o Atlético de Madrid-Elxe e o Betis-Athletic. Na previa do encontro, Pellegrini foi cuestionado sobre a continuidade do compostelán Borja Iglesias no seu equipo.
Borja Iglesias segue a adestrarse con normalidade no Betis mentres se fala dun interese serio por parte do Atlético de Madrid e que destaparon múltiples xornais deportivos. O santiagués asegura que está moi comprometido co seu actual equipo.
Borja Iglesias, está no punto de mira do Atlético. O dianteiro santiagués leva oito goles na liga e o 9 que quere o club madrileño se se consuma a saída de Joao Felix. O Betis pide por el 40 millóns de euros, prezo que pretende rebaixar o Atletico.