Lopetegui estoura logo da eliminación do Sevilla diante do Betis
O Valencia eliminou o Baleares grazas a un gol de Marcos André
O Valencia e o Sevilla avanzaron aos cuartos de final da Copa e únense ao Mallorca, o Cádiz e o Raio Vallecano, que o acadaran na xornada do sábado.
No partido da polémica o Betis eliminou o Sevilla grazas a un gol de Sergio Canales. O partido, que foi suspendido no minuto 42 polo lanzamento dun obxecto que impactou en Joan Jordan, reanudouse sen espectadores. Sen a calor do público o Betis aproveitou unha oportunidade para derrotar o seu gran rival.
Ao remate do partido o adestrador do Sevilla Julen Lopetegui estivo durísimo á hora de valorar todo o acontecido co seu xogador agredido Joan Jordán no tocante aos xogadores do Betis.
O Valencia impúxose no campo do Atlético Baleares, o único equipo da Primeira Federación que quedaba no cadro. O tanto do partido marcouno Marcos André, ex xogador de Celta e de Ordes.