Cargando resultados...
O Bergan perde alento e cae no feudo do cabeiro (1-0)
G24.gal
29/01/2022 20:40
O Bergantiños caeu na súa visita ao cabeiro, o Unión Ceares. Foi un partido igualado que se decidiu nesta longa xogada aos 23 minutos do segundo tempo.
Sae da súa meta o porteiro do Bergantiños, Santi Canedo, pero non logra finalizar a xogada de ataque do Ceares que culmina Noé Fernández.
O gol non obtivo resposta por parte dun Bergantiños que só foi capaz de gañar 1 dos últimos 7 partidos.