O Baxi vence ao Ensino (60-64) e faise coa súa 6ª Copa Galicia
O Baxi Ferrol fíxose coa Copa Galicia feminina por sexta vez na súa historia. Foi nunha final igualada diante do Ensino de Lugo, que se decidiu no treito final polo maior acerto das xogadoras ferrolás.
O Baxi comezou mellor, mandando no electrónico nun primer cuarto en que acadou vantaxes de case 10 puntos. O Ensino mantíñase no encontro e, cun parcial de saída de 8-0 no segundo cuarto, minimizaba a desvantaxe. Pero volveu atopar unha reacción do Baxi, que marchou ao descanso cun 24-31.
A volta de pausa repetiuse a historia. 9-2 a prol das luguesas, e a igualdade volvía á final. O terceiro cuarto rexistrou un intercambio de canastras ata que dúas triplas consecutivas do Ensino dábanlles vantaxe 43-40 a dous minutos da última pausa. Vantaxe que chegou a ser de 7 puntos.
Xa no último cuarto, e co 53-45, comezou a reacción definitiva do Baxi. A base de tiros libres, as de Lino López conseguiron colocarse outra vez por diante. Foi co 58-59. Dous tiros libres foron a última anotación do Ensino, que xa non volveu sumar no último minuto. Si o fixo o Baxi, pechando a súa sexta vitoria na Copa Galicia.