Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Baxi pasa como o mellor segundo e xogará contra o Braine de Bélxica

O Baxi pasa como o mellor segundo e xogará contra o Braine de Bélxica

Coa vitoria nos Azores completou unha magnífica primeira fase asinando cinco vitorias e só unha derrota

G24.gal 29/11/2024 09:27

O Baxi Ferrol gañou de malleira nos Azores e pecha a fase de grupos da Eurocup como o mellor segundo clasificado. As ferrolás non querían sorpresas e gañaron por un contudente 38 a 82 na pista do União Sportinga. No apartado anotador, Blanca Millán foi a máis destacada, con 16 puntos.

O Baxi pecha esta primeira fase con cinco vitorias e unha única derrota. Agora, no play-off, e como mellor segundas da competición, as de Lino López terán que enfrontarse ao Castor Braine de Bélxica, primeiro clasificado do grupo F.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos