Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Baxi Ferrol volve á Liga Feminina pola porta grande

O Baxi Ferrol volve á Liga Feminina pola porta grande

Gañou na pista do Araski por 66-71

Derrota do Ensino en Gernika (71-57)

G24.gal 24/09/2023 10:15

No seu regreso á máxima categoría o Baxi Ferrol conseguiu un gran triunfo na pista do Araski por 66-71. As de Lino López impuxéronse nun duelo igualadísimo no que comezou mandando o equipo local pero o Baxi recuperou no segundo tempo para marchar por diante ao descanso (28-33). 

A segunda parte foi igualadísima pero o Baxi conseguiu abrir unha marxe de dez puntos mediado o último cuarto (50-60) cun parcial de 0-8. O Araski volveu meterse no partido (61-63), pero aguantou o cadro ferrolán e acadou a vitoria.  

Peor sorte correu o Durán Maquinaria Ensino na pista do Gernika (71-57). Tamén houbo unha primeira metade equilibrada (31-28) pero o terceiro cuarto resultou determinante para decantar o partido a prol das locais. Giomi (16 puntos) e Tate (14) estiveron demasiado soas no aspecto anotador e cando a defensa non funcionou o Gernika conseguiu rachar o encontro (54-42 ao final do 3º cuarto). 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar