Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Baxi Ferrol sorprende ao Ensino e proclámase campión de Galicia

O Baxi Ferrol sorprende ao Ensino e proclámase campión de Galicia

Malia a remontada lucense dos últimos minutos, conseguiu a vitoria por 54-50

G24.gal 25/09/2022 13:19

O Baxi Ferrol sorprendeu ao Durán Maquinaria Ensino, equipo de superior categoría, e proclamouse campión da Copa Galicia. 

O partido resolvérono as de Lino López no segundo tempo logo dunha primeira metade marcada pola falta de acerto en ataque. Fala ás claras o resultado do primeiro cuarto (9-7 para o Baxi) e do descanso (19-21 a prol do Ensino). 

No terceiro cuarto comezou a rachar o encontro o Baxi en canto lle entraron os tiros. Conseguiu unha primeira vantaxe por riba dos dez puntos (36-27) e rematou o cuarto cun máis 14 (45-31). Claudia Soriano e Jessica Fequiere foron as xogadoras que conseguiron romper o partido. 

Maila os intentos de Paula Ginzo, a máxima encestadora do encontro, o Ensino nunca chegou a ter opcións de levar o partido malia un parcial de 0-11 no treito final (52-47 a 1:30), pero aguantou o cadro ferrolán e conseguiu levar a vitoria (54-50)

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar