Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Baxi Ferrol saca un gran triunfo da pista de Gernika

O Baxi Ferrol saca un gran triunfo da pista de Gernika

As de Lino López acadan a décima vitoria grazas a un gran terceiro cuarto (66-75)

O Celta perdeu con claridade na pista do IDK

G24.gal 02/02/2024 21:46

O Baxi Ferrol sumou a décima vitoria no taboleiro grazas a un gran triunfo na pista do Gernika, un equipo da zona media alta e unha das pistas máis difíciles da Liga Feminina. Raiou a un gran nivel o cadro ferrolán que se mantivo no partido ata o descanso (41-38) e sentenciou no terceiro cuarto. Un parcial de 2-18 permitiulle remontar (51-62) e manexar a diferenza no derradeiro período. 

O Celta Zorka Recalvi nada puido facer na cancha do IDK Euskotren onde perdeu dun xeito claro (77-57). Un parcial de 15-2 no primeiro cuarto resultou determinante para abrir unha fenda que xa non poderían recuperar as viguesas. O IDK contou coa ex de Ensino Alba Prieto en estado de graza con 18 puntos e catro triplas. 

O Durán Maquinaria Ensino xogaba como local e acabou perdendo diante do Jairis (75-80). As visitantes empezaron a decantar o partido no segundo cuarto (34-43) e conseguiron manter a diferenza no segundo tempo. O grande acerto desde a tripla de Konig e López-Senechal (10 triplas entre as dúas) non tivo resposta no cadro lucense. Só nos últimos minutos lograron achegarse (73-78 e posesión) pero non conseguiron culminar a remonta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade