Publicador de contidos

Publicador de contidos

O barrio ourensán do Couto honra a Virxe de Fátima

O barrio ourensán do Couto honra a Virxe de Fátima

Centos de fregueses ateigaron o templo na ofrenda floral

Este sábado vaise celebrar a procesión ata a catedral

G24.gal 12/05/2023 18:28 Última actualización 12/05/2023 19:43

Milleiros de flores brancas e vermellas encheron a igrexa de Nosa Señora de Fátima, en Ourense. É o xeito en que as freguesas honran os seus fillos e netos e tamén a patroa do templo. Este ano hai 75 que a talla chegou dende Portugal ao barrio do Couto, e, malia ser unha tradición relativamente nova, os ourensáns participan en masa.

Nais, avoas e fillas expresaron dende o altar a súa devoción pola Virxe nun acto en que estivo presente o bispo de Ourense, Leonardo Lemos. Para as veciñas do Couto é un acto cheo de simbolismo e nel participan diferentes xeracións.

Durante toda a tarde houbo misas na honra da virxe que tiveron ampla asistencia. Para as nais foi un privilexio participar.

Este sábado vai ter lugar a procesión nocturna da Virxe de Fátima e agárdase que, vaia o tempo que vaia, asistan milleiros de fregueses.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos