Remontada épica do Real Madrid en Vilarreal para seguir na Copa (2-3)
Perdía por 2-0 no descanso pero na segunda parte deulle a volta ao partido cos goles de Vinicius, Militao e Ceballos
O Barcelona gañou en Ceuta con goles de Raphinha, Lewandowski (2), Fati e Kessie
O Real Madrid estaba con pé e medio fóra dos cuartos de final da Copa do Rei co 2-0 no descanso. Os goles de Capoue (4') e Chukwueze (43') deixaban a eliminatoria moi favorable para o equipo do Vilarreal.
🚀El cañonazo imparable de Étienne Capoue. #LaCopaMola pic.twitter.com/LhUWLCiInJ
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) January 19, 2023
O equipo branco nunca se pode dar por morto. Viña de sufrir un duro correctivo na Supercopa, estaba contra as cordas pero no intre máis complicado soubo reaccionar. Vinicius recurtou diferenzas (57'), Militao acadou o empate (69') e Ceballos (85') culminou unha remontada espectacular.
⚽️ ¡¡REMONTA EL REAL MADRID!!
— RFEF (@rfef) January 19, 2023
GOLAZO de @DaniCeballos46 para poner al equipo visitante por encima en el marcador.
🆚 @VillarrealCF | 2-3 | @realmadrid
ℹ️ ¡SÍGUELO en nuestro MINUTO A MINUTO! https://t.co/fr05UYzw1Npic.twitter.com/79gIPTNkWL#LaCopaMola🏆
O Barcelona resolveu o trámite en Ceuta sen brillantez pero con facilidade. Tardou en abrir o marcador pero cando o fixo, no minuto 41 da primeira parte, todo foi moito máis doado para o equipo de Xavi Hernández.
👑🏆⚽️
— RFEF (@rfef) January 19, 2023
🏁 ¡¡Dᴇsᴄᴀɴsᴏ ᴇɴ ᴇʟ Aʟꜰᴏɴsᴏ Mᴜʀᴜʙᴇ!!
🆚 @ADCeuta_FC 0-1 @FCBarcelona_es
⚽️ Raphinha | 41'
➡️ Sigue el minuto a minuto: https://t.co/fr05UYyYcf#LaCopaMola | #CopaDelReypic.twitter.com/UEyBYNgcS2
Raphinha marcou ese gol inicial. Logo chegarían os de Lewandowski (dobrete), de Ansu Fati e de Kessie na segunda parte para poñer o 0-5 definitivo. Xavi aproveitou para que xogaran os menos habituais como Peña, Éric García, Pablo Torre, Kessie ou Sergi Roberto, pero fixo un equipo moi competitivo.