Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Barcelona gaña un vibrante partido ao Liceo (2-3)

O Barcelona gaña un vibrante partido ao Liceo (2-3)

O regreso da Ok Liga despois da parada non defraudou e deixounos un partido espectacular e cheo de alternativas

G24.gal 23/11/2022 22:06

Liceo e Barcelona xogaron un partido dos que fan afección no regreso da Ok Liga despois da parada polo Mundial da Arxentina. O equipo catalán levou o triunfo por 2-3, pero este puido caer para calquera lado. 

As transicións decidiron o primeiro tempo, en que o Liceo levou o peso do encontro pero foi o Barcelona o que atopou o gol con dúas xogadas rápidas de Pau Bargalló e Llorca. 

A reacción liceísta chegou no segundo tempo da man de Álex Rodríguez. O xogador coruñés marcou un dobrete e igualou o partido. Quedaban nove minutos para o final, pero o Barcelona volveu adiantarse dous minutos máis tarde cun gol dun ex como Marc Grau. 

Tentouno de todos os xeitos o Liceo, que acabou o partido desperdiciando un penalti e malgastando as ocasións xogando en superioridade numérica. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade