Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Barcelona esperta a tempo para levar a Copa de baloncesto

O Barcelona esperta a tempo para levar a Copa de baloncesto

Chegou a ir perdendo por 16 puntos, pero remontou na segunda metade (59-64)

G24.gal 20/02/2022 20:25

O Barcelona comezou dun xeito pésimo pero acabou levando a Copa do Rei de baloncesto logo de impoñerse ao Real Madrid por 59-64. 

O primeiro tempo foi de anotación paupérrima. As defensas foron protagonistas e o marcador fala ás claras do tipo de partido que se xogou: 19-5 no primeiro cuarto e 29-18 ao descanso. O Real Madrid manexou cómodas vantaxes que chegaron a ser de dezaseis puntos. 

Na segunda parte espertou o Barcelona que, pouco a pouco, conseguiu recurtar diferenzas. Chegou a poñerse a catro puntos (39-35) pero o Real Madrid aguantou esa primeira embestida. 

No último cuarto igualouse todo. Unha tripla de Laprovittola poñía o empate a 46. A partir dese intre as alternativas foron constantes ata que quedaban tres minutos para o final. Un 2+1 de Jakubaitis abría unha fenda de catro puntos (53-57). Llull aparecía nos momentos quentes e a corenta segundos empataba o partido (59-59) pero aínda quedaba o momento Mirotic. Dende o tiro libre tivo o tino necesario para darlle o triunfo ao Barcelona (59-64).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar