Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Barcelona, eliminado da liga Europa tras perder 2-3 co Eintracht

O Barcelona, eliminado da liga Europa tras perder 2-3 co Eintracht

O equipo azulgrana perde o tren continental nun Camp Nou cheo de afeccionados alemáns

G24.gal 15/04/2022 10:05

Ao Barcelona fóiselle o tren da liga Europa. Tras o 1-1 da ida en Alemaña, a volta acabou con vitoria para o Eintracht, que só se viu acosado en serio tras o gol de Busquets no 90. Kostic adiantou aos xermanos de penalti no minuto catro, Borrei aumentou a vantaxe no 36 cun potente disparo desde fóra da área e Kostic colocou o terceiro no 67. Busquets deu esperanzas preto do final cun gran tiro afastado e Depay puxo de penalti o 2-3 no minuto 100. Descontaban nove e, tras o saque de centro, o árbitro pitou o final.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade