Kounde guía a remontada do Barça ante o Eintrach (2-1)
O francés foi o heroe inesperado dos de Flick con dous goles en tres minutos
Knauff adiantou ó cadro xermano e levou o medo a grada do Camp Nou
@FCBarcelona_es
Importante triunfo do Fútbol Club Barcelona ante o Eintrach nun partido onde as pantasmas do acontecido hai catro anos na Europa League sobrevoaron o Camp Nou. A cabeza de Kounde daríalle a volta a un partido que supón tres puntos moi importantes na loita dos cataláns por entrar no Top 8 desta fase liga da Champions.
Na primeira metade o Barça saíu dominante. O colexiado anulaba un tanto a Lewandoski por un fóra de xogo de Raphinha no momento do centro. Despois o meta alemán Zetterer despexaba un gran disparo de Gerard Martín. E cando mellor estaba o equipo culé adiantaríanse os de Frankfurt cun gol de Knauff culminando unha gran contra levada por Brown. Ata o descanso dominio sen premio do equipo blaugrana que pecaba de falta de clarividencia a partir da zona de tres cuartos.
Pero nos sete primeiros minutos da segunda metade daríalle a volta o equipo de Flick cun protagonista inesperado. O defensa Jules Kounde anotaría dous tantos en menos de tres minutos con dous remates de cabeza tras centros de Rashford e Lamine Yamal. Non habería máis goles. Os alemáns tiveron algún achegamento perigoso na recta final do choque pero o porteiro Joan García encargouse de abortar todas as oportunidades dos de Frankfurt.