Cargando resultados...
O Barça, a semifinais con susto final en Albacete (1-2)
O Albacete case empata no tempo engadido cun disparo de Gámez que Gerard Martín salvou baixo paus
G24.gal
04/02/2026 11:11
Última actualización 04/02/2026 11:15
O Barcelona empregouse a fondo este martes para gañar no Estadio Carlos Belmonte ao Albacete, duodécimo clasificado da Liga Hypermotion, e selou o pase ás semifinais da Copa do Rei.
O dianteiro Lamin Yamal, cun disparo axustado ao segundo pau, abriu o marcador no primeiro tempo (0-1, min.39), mentres que o uruguaio Ronald Araújo (0-2, min.56), coa testa tras rematar un saque de esquina, encarrilaron a eliminatoria a partido único.
O local Javi Moreno animou os cuartos de final no minuto 87, cun tanto de cabeza, e o Albacete a punto estivo de empatar no tempo engadido cun disparo de Gámez que Gerard Martín salvou baixo paus.