O Bar Galicia gaña por segundo ano o concurso da tortilla de Betanzos
Cinco finalistas chegaron á cata cega final
A mellor tortilla de Betanzos sae dos fogóns do Bar Galicia, gañador por segundo ano consecutivo do tradicional concurso. Nesta edición competiron as elaboracións de dezanove locais.
O prato estrela da cociñeira Esther Corral conquistou un xurado composto polos chefs Gorka Rodríguez, da pulpeira de Melide, Moncho Méndez, do restaurante Millo, e Eva Lúa, concursante dun coñecido programa de cociña.
Os outros catro finalistas desta edición, na que participaron 19 locais, foron a Cervexería Yocri, Los Picapiedra, a adega Lastras e o bar Plaza.
Situado nunha das clásicas canellas betanceiras, o Bar Galicia revalida o título que conseguiu por primeira vez no ano 2021. Este establecemento fíxose tamén o ano pasado co premio do público.