O Barcelona cumpre ante o Racing de Santander e accede ós cuartos de final da Copa (0-2)
Un gol de Ferrán Torres e outro de Lamine Yamal, na última xogada do partido, definiron unha eliminatoria moi igualada
O canteirán do racing Manex Lozano viu como se lle anulaban dous goles no tramo final do partido ademais de errar un man a man con Joan García na prolongación
@realracingclub
O Barcelona impúxose ao Racing de Santander na eliminatoria copeira de oitavos de final que enfrontaba ó líder da primeira división contra o primeiro clasificado da segunda división. Unha vitoria sufrida xa que no treito final do partido os blaugranas tiveron problemas para frear as acometidas dos santanderinos.
Avisado polo que lle aconteceu onte o Real Madrid, Hansi Flick presentou un once con moitos titulares, Joan García incluído, para tentar non ter sustos innecesarios. Pero o Racing, que rotou moito pensando no seu partido ligueiro da fin de semana, saíu con todo e conseguiu meter o medo no corpo o Barça nun par de accións levadas entre Camara e Arana. Dani Olmo gozou da mellor ocasións dos seus na primeira metade pero non atinou no remate final ante Ezkieta.
Tras o descanso sería Rashford o que non aproveitou o man a man co porteiro do equipo cántabro. Pasaban os minutos e o marcador seguía inamovible. E chegaría o gol mediada a segunda metade tras unha diagonal de Ferrán que aproveitou un pase de Fermín para superar a Ezkieta. Aínda tería tempo de asustar o equipo santanderino cunha acción do canteirán Manex Lozano que remataba en gol pero o colexiado anulábao por fóra de xogo do dianteiro cántabro. Situación que se repetiría de novo cos mesmos protagonistas a catro minutos do final do partido. Non se fiaba Hansi Flick que rematou o partido co mesmo equipo que comezou a final da Supercopa exceptuando o sancionado De Jong polo que estaba no terreo de xogo Gerard Martín. Pero aínda tiveron unha grandísima ocasión os de Jose Alberto de novo nos pés de Manex que se atopou cunha man espectacular de Joan García. Finalmente vitoria e clasificación para cuartos de final da Copa do Rei para o equipo culé.