Publicador de contidos

Publicador de contidos

O AVE para as grandes cidades galegas contrasta co FEVE entre Ferrol e Ribadeo

O AVE para as grandes cidades galegas contrasta co FEVE entre Ferrol e Ribadeo

Chegar de Ferrol a Ribadeo en tren leva unha hora máis que de Ourense a Madrid

David Fernández 25/11/2021 13:33

O traxecto do FEVE entre Ferrol e Ribadeo ten unha duración aproximada de 3 horas e 10 minutos e conta con máis de 50 paradas, moitas, iso si, discrecionais, pero isto xa dá unha idea da lentitude do servizo.  

A franxa costeira atlántico-cantábrica queda por tanto descolgada da alta velocidade, que si chegará a outros puntos de Galicia. Ferrolterra e a Mariña lucense seguirán, polo momento, movéndose nun servizo que languidece ano tras ano.

As grandes cidades galegas quedarán pronto conectadas polo AVE, que ademais permitirá a un veciño de Ourense chegar a Madrid en apenas dúas horas. Porén, a contrapartida desta boa noticia sófrena na cornixa costeira dende Ferrol a Ribadeo, os usuarios falan de abandono por parte das administracións. 

Catro traxectos diarios conectan Ferrol e Ribadeo e dous con Asturias. Para traxectos curtos ou uso turístico segue a ser de grande utilidade para algún pero aínda así as comunicacións seguen sendo o punto débil da costa norte.

A conexión das comarcas de Ferrolterra, Eume, Ortegal e A Mariña e a súa prolongación polo Cantábrico, por Asturias, perden, ao menos polo momento, o tren da alta velocidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade