Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Atlético perde no Porto e despídese de Europa

O Atlético perde no Porto e despídese de Europa

Acaba o grupo da Champions no último posto e non xogará nin a Europa League

O Barcelona cumpriu o trámite diante do Viktoria Plzen (2-4)

G24.gal 01/11/2022 20:34

O Atlético de Madrid culminou unha nefasta fase de grupos da Liga de Campións caendo eliminado como último do seu grupo e quedando fóra mesmo da Europa League, para a que irá o Leverkusen de Xabi Alonso. 

E iso que dependía de si mesmo para asegurar o terceiro posto. Tiña que facer o mesmo resultado que o Bayer (empatou 0-0 ante o Bruxas belga) pero perdeu dun xeito claro e contundente no Dragão. 

Antes da media hora xa levaba dous goles ao lombo marcados por Taremi e Stephen Eustaquio. Chega con dicir que o mellor dos madrileños foi o porteiro Oblak, que evitou un resultado de escándalo. 

No último minuto do tempo engadido, un gol en propia porta de Marcano deu unha mínima esperanza cando xa se sabía do final do partido en Alemaña. Nin así puido o Atlético sacar algo positivo do Porto e agora terá que asumir unha humillación futbolística e cuantiosas perdas económicas. 

O Barcelona prepara en Plzen o seu asalto á Europa League

O equipo de Xavi tiña un trámite en Plzen. Xa eliminados da Champions e coa terceira posición garantida non había nada máis en xogo que acabar do mellor xeito unha fase de grupos desastrosa no tocante aos resultados. Gañou por 2-4 aínda que non acabou de convencer co seu xogo. 

O protagonista do partido foi Ferran Torres, que marcou dous goles. Marcos Alonso e Ferran puxeron o 0-2 no descanso. Nos quince primeiros minutos da segunda parte sucedéronse os desacertos defensivos e o Viktoria anotou dous goles e Ferran o segundo da súa conta. Sentenciou o xogador do filial Pablo Torre no 75. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade