Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Atlético de Madrid faise co torneo Ourense Provincia Termal diante do Real Madrid

O Atlético de Madrid faise co torneo Ourense Provincia Termal diante do Real Madrid

O derbi madrileño resolveuse na quenda de penaltis, que gañaron os colchoeiros por 4-2

O Celta rematou de terceiro tras gañar a final de consolación diante do Pabellón

G24.gal 07/06/2026 14:34

Algúns dos mellores xogadores cadetes de España participaron esta fin de semana nunha nova edición do torneo Ourense Provincia Termal.

O Celta rematou de terceiro tras superar o Pabellón na final de consolación. Na final enfrontáronse o Real Madrid e o Atlético de Madrid. O partido rematou con empate sen goles e decidiuse nos penaltis.

Fundamental a actuación de Octavian Ghiaur, o porteiro colchoeiro, que detivo dous lanzamentos. 4-2 na quenda e triunfo do Atlético.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade