Publicador de contidos

Publicador de contidos

O ascenso do Pontevedra xa é matemático

O ascenso do Pontevedra xa é matemático

Empatou no campo do Palencia e certificou de xeito oficial un éxito que xa celebrara o domingo pasado

G24.gal 15/05/2022 14:55

O Pontevedra empatou en Palencia e celebrou, agora si, o ascenso matemático. O equipo pontevedrés estivo acompañado por un bo número de seareiros na Nova Balastera. E os afeccionados gozaron coa confirmación definitiva do ascenso do seu equipo. O Pontevedra xa é, oficialmente, un equipo de Primeira Federación.

O resultado foi de empate a un, os dous goles acadados na primeira parte. Javi Bueno marcou para o Palencia e Romay igualou pouco despois. Na segunda parte Charles tivo boas opcións para anotar o segundo pero o resultado non se moveu, un marcador que lle permite ao Palencia para meterse no play off de ascenso. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos