Publicador de contidos

O arquitecto que deseñou o muro que caeu sobre un estudante en Ourense di que non participou na súa execución

O arquitecto que deseñou o muro que caeu sobre un estudante en Ourense di que non participou na súa execución

O arquitecto declarou ante a xuíza como investigado pola morte dun alumno do Sexto Instituto de Ourense en 2022

G24.gal 27/09/2023 14:27

Seguen as declaracións no xulgado dos investigados en relación ao estudante que morreu esmagado por un muro en Ourense hai un ano. O último en declarar foi o arquitecto que deseñou a estrutura.

Moi afectado, aseguroulle á xuíza de instrución que dende que el lle entregou o proxecto á Administración non volveu ter coñecemento do mesmo.

Os informes periciais dos técnicos expertos terán que verificar agora se ese proxecto foi o executado.

O estudante estaba cambiándose de roupa xunto ás duchas cando o muro de 1.400 quilos de peso lle caeu enriba. Un accidente no que outro alumno tamén quedara atrapado por unha perna. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade

Publicador de contidos