Cargando resultados...
O Arousa colle aire na Lomba e achégase á salvación
G24.gal
01/05/2022 19:07
Da derrota do Marino de Luanco contra o Coruxo beneficiouse o Arousa, que venceu un rival directo como o Móstoles cun ambiente espectacular na Lomba.
O único gol do partido marcouno Javi Fontán no minuto 60 logo dunha xogada embarullada.
Os de Luisito quedan no décimo terceiro posto, a tres puntos do duodécimo que garante si ou si a permanencia pero fóra dos postos de descenso.
