Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Arenteiro sobrevive á insistencia madrileña (0-0)

O Arenteiro sobrevive á insistencia madrileña (0-0)

Os de Javi Rey resistiron e mesmo puideron vencer a un Fuenlabrada que se xogaba máis

G24.gal 11/05/2024 20:18

O Arenteiro de Javi Rey visitou o Fernando Torres dun Fuenlabrada famélico de vitorias para lograr a súa salvación. O partido resolveuse por 0-0 malia que os locais puxeran máis iniciativa para levar os tres puntos. Non obstante, ambos equipos tiveron ocasións coas que pechar o partido. 

Os primeiros intres foron claramente do equipo local que imprimía unha marcha máis en todo o que facía. Unha chegada polo lado esquerdo do Fuenlabrada nos minutos iniciais marcaría unha constante nese primeiro tempo. No minuto 7 por ese mesmo lado chegaría un centro que remataría en penalti a favor do Fuenlabrada tras un derrubamento na área ourensá. Por sorte para Javi Rey e os seus o lanzamento marchaba moi alto e non collía nin portería. Non obstante, a fortuna é caprichosa e minutos antes Manín abandonara o verde lesionado, aparentemente muscular. O gol seguiría rondando moi de preto a meta do Arenteiro, máis cando un cabezazo de Ilies no minuto 13 batería no pau superior e marcharía despexado pola zaga ourensá. 

A segunda metade foi máis tranquila polo ben do corazón dos afeccionados ourensáns. Houbo un maior intercambio de golpes con ocasións para ambos conxuntos, mais de primeira o gol non se deixaba ver por ningún dos dous conxuntos. As máis claras chegarían xuntas. A primeira sería para o Arenteiro, un centro de Pibe dende a dereita que chegou para que Cardero puidera anotar con todo a favor, mais incriblemente enviou o balón fóra. A seguinte sería para o Fuenla, córner dende a dereita que tras dous remates bateu no pau de Pablo Brea, pero marchou fóra. Xa cara os intres finais sucederíanse varias accións a favor do Fuenlabrada, aínda que a máis clara volvería ser para os ourensáns que desaproveitaban outra ocasión clarísima diante da meta rival coa única oposición do porteiro.

Resultado final de empate a cero, cun Arenteiro que tiña menos en xogo que o Fuenlabrada, o cal aínda mira para abaixo co perigo do descenso. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar