Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Arenteiro só se axeonlla na prórroga diante do Valencia

O Arenteiro só se axeonlla na prórroga diante do Valencia

Épica resistencia dos do Carballiño, que igualaron o gol inicial do Valencia e forzaron o tempo suplementario

G24.gal 16/12/2021 21:39

O Arenteiro perdeu diante do Valencia, pero deixou unha inmellorable imaxe como equipo e como entidade. Forzou a prórroga e só no tempo suplementario axeonllouse diante de todo un Valencia. 

O partido non puido comezar de peor xeito, cun gol visitante antes do primeiro minuto. Pero a reacción dos do Carballiño foi encomiable. Xeraron oportunidades e conseguiron empatar grazas a un remate cruzado de Magisano. No primeiro tempo viuse o mellor Arenteiro do partido, con chegadas en ataque e tratando de ti a ti ao Valencia. 

A segunda metade foi máis de traballo defensivo e aguantar o dominio do Valencia, que meteu titulares para sentenciar a eliminatoria. Os de Fran Justo aguantaron e chegaron ao minuto 90 con empate (1-1). A resistencia durou ata a prórroga porque o Valencia acabou por impoñer o seu mellor físico e a súa pegada. Hugo Guillamón no 99 e Vallejo no 117 sentenciaron a eliminatoria e remataron co soño do Carballiño. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade